Este informe subliña as consecuencias da crise ambiental nas persoas e comunidades máis vulnerables, analiza a Axenda 2030 e propón como a educación pode contribuír ao coidado do planeta promovendo a construción dunha conciencia crítica que cuestiona o modelo de desenvolvemento e posibilita a transformación cara a modelos máis sostibles, equitativos e pacíficos.
A educación axuda a xestionar mellor os recursos para construír novos modelos de produción e consumo, e contribúe a articular unha cidadanía global.
Menu