Somos Amazonía
exposición
defensoras da natureza
A exposición “Defensoras da Natureza” ten como obxectivo concienciar a cidadanía sobre o vínculo entre os nosos estilos de vida e a deforestación e a violación dos dereitos humanos na Amazonía.
A través do testemuño de 10 mulleres defensoras da natureza e dos retos aos que se enfrontan no día a día, denuncia como os nosos modos de produción e consumo globais non teñen en conta o coidado da natureza, do mesmo xeito que ignoran as achegas das mulleres aos coidados e, polo tanto, poñen en perigo a sostibilidade da vida en todo o planeta.
Millóns de persoas sofren diariamente as súas consecuencias: directamente os pobos indíxenas e o resto de habitantes da rexión amazónica, pero tamén todos e todas nós pola importancia que a Amazonía, pulmón da humanidade e subministradora de auga doce global, ten na regulación do clima do planeta.
A exposición está composta por photocall e 18 roll ups cunha imaxe para cada unha delas ligada a través dun código QR a un vídeo testemuño, así como material complementario.
A exposición forma parte da campaña “Somos Amazonía, defendamos a nosa casa común” das ONG xesuítas Alboan e Entreculturas que teñen como obxectivo a mobilización da cidadanía para protexer a Amazonía, os pobos que a habitan e loitar contra o cambio climático.
Con esta campaña, Entreculturas e Alboan unen forzas para contribuír ao movemento global de organizacións e movementos indíxenas, sociedade civil, Igrexa e ONG a prol dos Dereitos Humanos e da xustiza ecosocial que se están a mobilizar para protexer a rexión e os pobos que a habitan.
testemuños mulleres
Leticia – Colombia
Caracas, Venezuela
Barcelona
Leticia, Colombia
Reserva a nosa exposición
A exposición «Defensoras da Natureza» pódese utilizar en colexios, casas de cultura, centros cívicos, asociacións e en calquera outro lugar onde esteades dispostas e dispostos a asomarvos á estreita relación que existe entre o noso modo de vida e a deforestación e violación dos Dereitos Humanos na Amazonía.
Está composta por 13 paneis e un photocall de montaxe sinxela que nos achegará aos testemuños de 10 mulleres defensoras da natureza na Amazonía e no noso medio. Os paneis inclúen tamén contido multimedia accesible a través do teléfono móbil. Ao final do percorrido convidámoste a recoller o teu compromiso a favor da Amazonía no noso photocall.
Se queres compartir esta exposición no teu espazo, @contáctar e se parte do cambio.