Menu
Que facemos?
proxectos
A Amazonía berra, hai tempo que o fai, denunciando a apropiación e privatización dos bens naturais; os megaproxectos que desprazan a poboación; as concesións madeireiras que aumentan a deforestación; a minaría; os incendios forestais ou o monocultivo. Estas son algunhas das ameazas que sofre a rexión e que non só provocan a degradación ambiental, senón que tamén poñen en perigo a existencia dos pobos indíxenas, da súa cultura e da súa identidade. Pero tamén a nosa. Máis do 20% do osíxeno que respiramos e da auga que consumimos procede da rexión.
Entreculturas e Alboan queren levar a cabo accións de incidencia, denuncia e sensibilización así como dar resposta ás necesidades básicas dos pobos indíxenas a través dos nosos proxectos de apoio educativo bilingüe e intercultural, a promoción económica de medios de vida alternativos e o acompañamento na defensa dos seus dereitos, da súa cultura e da súa identidade.
Para iso, apoiamos proxectos que levan a cabo as organizacións aliadas na rexión.
Velaquí a posibilidade de coñecelos un pouco máis.
Entreculturas, como membro da Federación Internacional Fe e Alegría, acompaña a Fe e Alegría Perú en diversos proxectos e accións polo dereito á educación das poboacións vulnerables, entre as que destacan diversas propostas e proxectos con nenos, nenas e mozos e mozas da Amazonia peruana.
Comparte é unha rede formada por 19 entidades sociais, presentes en 11 países de América Latina e en Europa (Alboan). Estas entidades acompañan a 422 iniciativas económicas (rurais e urbanas) de produtores en exclusión social, organizadas en torno a cooperativas, asociacións, colectivos comunitarios
A ligazón de Alboan coa Panamazonia prodúcese desde o traballo en cooperación acompañando o Servizo Xesuíta Panamazónico (SJPAM) que agrupa as presenzas da Compañía de Xesús no territorio, buscando, mediante o traballo en rede, defender e promover a vida e un ambiente sostible na Panamazonía
O Equipo Itinerante foi creado en 1998 por impulso do padre Claudio Perani SJ. O proxecto naceu da escoita atenta dos clamores, desexos e esperanzas dos pobos amazónicos. E é, xunto con estes pobos, onde o Equipo Itinerante vai atopando o mellor xeito de poñerse ao servizo da vida