COP26 – Posicionamento Alboan e Entreculturas

Do 1 ao 12 de novembro de 2021 tivo lugar en Glasgow, Reino Unido, a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático ou COP26. O obxectivo da reunión foi deseñar as ferramentas adecuadas para dar sentido ao Acordo de París, o tratado asinado en 2016 co que os países se comprometeron a loitar contra a crise climática.

O cumio tivo lugar despois de que en agosto se confirmase a través do Informe do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) que “é inequívoco que a actividade humana provocou que a atmosfera, o océano e a superficie terrestre se quentasen”. Unha conclusión clara e directa que outorga maior urxencia a esta Conferencia para que poña rumbo a un cambio de modelo de desenvolvemento verdadeiramente sostible.

Neste contexto, desde Entreculturas e Alboan instamos a actuar para a redución de emisións de CO2, o financiamento climático, a adaptación, a compensación de danos e a aplicación de plans climáticos nacionais para evitar os “puntos de non retorno”, e a Educación para o Desenvolvemento Sostible (ESD).

Máis información | Posicionamento completo