Entreculturas defende neste informe que a educación inclusiva debe ser unha educación intercultural. Os sistemas educativos que se organizan tendo en conta só os referentes, significados e identidades da cultura dominante, exclúen persoas doutras culturas, xerando unha flagrante discriminación educativa. O informe reflicte a situación dos pobos indíxenas, afrodescendentes en América Latina e o Caribe ou en Europa, onde conviven nas escolas nenas e nenos de moi diversas orixes étnicas.
A Amazonía non só é a rexión do mundo con maior biodiversidade, senón tamén a que ten maior riqueza lingüística. É o fogar de 316 pobos diferentes que falan 240 linguas.
A educación debe ter en conta a diversidade social e cultural e isto inclúe o recoñecemento das diferentes linguas, costumes e cosmovisións.
Deste xeito, o alumnado aprende e respecta culturas diferentes á propia e poderá contribuír ao diálogo social e a promover as transformacións necesarias para a convivencia.