Que a actividade dalgunhas empresas transnacionais europeas e internacionais estea relacionada coa vulneración dos dereitos humanos e coa destrución do medio ambiente non é novo. Non obstante, a tendencia crecente á deforestación, a explotación da terra e o mal uso do solo, os ataques ás persoas defensoras dos dereitos humanos e ao medio ambiente, ou a falta de acceso á xustiza das comunidades afectadas por este tipo de accións, entre outros, son indicadores de as directrices e as resolucións de autorregulación non son mecanismos suficientemente esixentes e eficaces, xa que as empresas seguen negando a responsabilidade polo impacto da súa actividade.
Ante esta situación, o Consello de Dereitos Humanos da ONU creou en 2014 un grupo de traballo intergobernamental sobre empresas e dereitos humanos, cuxo mandato é elaborar un instrumento internacional xuridicamente vinculante que regule a devandita actividade, garantindo o respecto dos dereitos humanos, e controlando o impacto na ambiente.
En 2018 publicouse un primeiro borrador do Tratado vinculante sobre empresas e dereitos humanos. Desde entón, realizáronse sesións anuais onde se debate e se revisa o contido do documento. En agosto de 2021 publicouse o terceiro borrador e en outubro dese mesmo ano tivo lugar a 7ª rolda de revisión e negociación.
Como parte do grupo de traballo sobre Regulacións Corporativas e Industrias Extractivas de CIDSE, Alboan participou na elaboración e publicación dunha análise e posicionamento xurídico co obxectivo de mellorar o texto para reforzar a protección dos dereitos humanos e do medio ambiente, e frear a impunidade empresarial.