Cales son os retos máis urxentes da Igrexa na Amazonía?
Son moitos, pero o primeiro gran reto é avanzar nos compromisos e desafíos que plantexaba o Sínodo para a Amazonía. O sínodo, que significa camiñarxuntos, é froitodun proceso de anos. A exhortación apostólica do Papa Francisco, “Querida Amazonía”, xa comezaba a albiscar cales eran os retos máis significativos. Na actual realidade paréceme importante lembrar os dous organismos eclesiais que teñen un papel fundamental para animar todo este proceso na Amazonía: CEAMA e REPAM (Rede Eclesial Panamazónica). A CEAMA comparte misión coa REPAM: formular un plan pastoral para toda esta inmensa rexión, na que hai 104 xurisdicións eclesiásticas con presenza de bispos, sacerdotes, relixiosos, relixiosas, laicos e laicas que comparten unha misión evanxelizadora. A CEAMA quere achegar unha mirada global da rexión e propón pensar a Amazonía como un todo. Como un gran bioma, un gran territorio onde a Igrexa ten que romper fronteiras. Iso significa ir construíndo apostas comúns.
Dirías que hai resistencia ao labor da Igrexa na Amazonia?
Hai dúas resistencias. Unha interna, xa que todas as miradas non son iguais e non van ao unísono, senón que existen opinións diversas. A pesar de que durante o Sínodo houbo un ambiente cálido e de respecto, non partiamos do mesmo punto de vista e o nivel de compromiso coa Amazonía tampouco é igual. Por outra banda existen resistencias de carácter económico e político. Moitos lugares onde a Igrexa comprometeuse cos pobos indíxenas amazónicos son territorios moi disputados e seguramente isovai dar lugar a dificultades cos gobernos locais. Hai intereses comerciais das empresas extractivistas e isto entra en conflito cos dereitos e o bo vivir dos pobos orixinarios.
Como se relaciona a Igrexa coas comunidades amazónicas?
A Amazonía é un territorio moi importante para a Igrexa cunha misión concreta de evanxelización. E iso non significa imposición, non significa unhaactitude neocolonialista, senón significa unha presenza de compañía e de proximidade. De feito, se hai algo que caracteriza á Igrexa na Amazonía é a súa proximidade aos pobos e ás comunidades. Unha das cuestións que expón o Sínodo é o tema da escoita. Realmente escoitamosao territorio? É hora de empezar a escoitar os berros dos pobos indíxenas e da terra. Se somos capaces de prestar atención poderemos oír o que teñen que dicir.
Cal é o papel das mulleres na defensa da Casa Común?
Aquí tamén temos retos urxentes. Primeiro porque a Igrexa non recoñeceu suficientemente o papel das mulleres. As defensoras da naturezaexercen un liderado importante e teñen unha presenza moi significativa nas comunidades, son as grandes articuladoras e xogan un rol fundamental na defensa dos seus propios dereitos e dos das súas comunidades do territorio.
Aínda que nestes momentos está a darse unha apertura e está a gañar peso, aínda ocupan poucos espazos de liderado e de toma de decisións. Sinto que aínda queda moitocamiño por andar.
Que lle dirías á cidadanía para que se comprometa coa Amazonía?
É fundamental facer que a cidadanía occidental conecte coa Amazonia. Poida que sintan que é unhaterraxeográficamente e culturalmente afastada e ás veces é difícil facer que a xente se involucre, que comprendan que estamos interconectados con outros territorios, con outras realidades. É importante convidar á cidadanía a que sintanpreto, que comprendan que o que ocorrena Amazonía ten que ver coa nosa realidade ambiental e coa do planeta. Por esa razón é imprescindible rrecoller testemuños ao noso aoredor para que a xentepóida se identificar e senta a conexión existente.