Asina para defender a Amazonía dos danos das empresas!

Por unha lei europea que protexa o medio ambiente e os dereitos humanos dos pobos indíxenas dos danos que ocasionan as empresas na rexión. É unha oportunidade única para pór fin á impunidade das empresas que participan no espolio da Amazonía, así como para terminar coas barreiras no acceso á xustiza das persoas e comunidades afectadas pola súa mala praxe.

As empresas transnacionais e as cadeas de valor globais teñen unha responsabilidade nos principais riscos que ameazan o territorio amazónico e os seus habitantes.

Falamos da deforestación causada polos incendios provocados, que abren o camiño aos agronegocios (cos cultivos de aceite de palma e solla, a gandaría extensiva, o café etc.), mais tamén dos impactos sociais e ambientais das industrias extractivas (minaría, petróleo).

Cada ano, o bosque amazónico perde miles de hectáreas por mor das políticas extractivas. Os habitantes dos seus territorios tamén están suxeitos a múltiples ameazas como a contaminación das súas terras, a vulneración dos seus dereitos ou a perda dos seus medios de vida.

A responsabilidade empresarial non pode seguir a considerarse unha cuestión de cumprimento voluntario.

Por este motivo, queremos chamar a túa atención sobre un proceso lexislativo que está a ter lugar na Unión Europea. Trátase das negociacións da Directiva Europea sobre Dilixencia Debida Empresarial en materia de sustentabilidade, que comezaron en febreiro e se prolongarán ao longo deste ano.

É unha oportunidade única para pór fin á impunidade das empresas que participan no espolio da Amazonía, así como para terminar coas barreiras no acceso á xustiza das persoas e comunidades afectadas pola súa mala praxe.

Porén, precisamos a túa axuda para lograr unha lei que faga xustiza. Entra en Visibles.org e asina a nosa petición.

Xunto co CIDSE, a familia internacional de organizacións católicas de xustiza social, encargarémonos de facer chegar a túa petición aos nosos representantes no Parlamento Europeo.

Poida que tamén che interese