proxectos
Para iso, apoiamos proxectos que levan a cabo as organizacións aliadas na rexión.
Velaquí a posibilidade de coñecelos un pouco máis.
O Servizo Agropecuario para a Investigación e a Promoción Económica (SAIPE) nace para dar resposta á solicitude que os pobos awajún e wampis fixeron á Compañía de Xesús, para defenderen o seu territorio e o seu modo de vida ameazado pola aparición de novos factores externos.
Comparte é unha rede formada por 19 entidades sociais, presentes en 11 países de América Latina e en Europa (Alboan). Estas entidades acompañan a 422 iniciativas económicas (rurais e urbanas) de produtores en exclusión social, organizadas en torno a cooperativas, asociacións, colectivos comunitarios
A ligazón de Alboan coa Panamazonia prodúcese desde o traballo en cooperación acompañando o Servizo Xesuíta Panamazónico (SJPAM) que agrupa as presenzas da Compañía de Xesús no territorio, buscando, mediante o traballo en rede, defender e promover a vida e un ambiente sostible na Panamazonía
Entreculturas, como membro da Federación Internacional Fe e Alegría, acompaña a Fe e Alegría Perú en diversos proxectos e accións polo dereito á educación das poboacións vulnerables, entre as que destacan diversas propostas e proxectos con nenos, nenas e mozos e mozas da Amazonia peruana.
Como ONG da Compañía de Xesús, Entreculturas e Alboan, contribuímos á Misión da Igrexa en e para a Amazonía cos pobos indíxenas e o coidado da nosa casa común como parte da Rede Eclesial Panamazónica (REPAM) a través de dúas estratexias principais
O Equipo Itinerante foi creado en 1998 por impulso do padre Claudio Perani SJ. O proxecto naceu da escoita atenta dos clamores, desexos e esperanzas dos pobos amazónicos. E é, xunto con estes pobos, onde o Equipo Itinerante vai atopando o mellor xeito de poñerse ao servizo da vida